Alalá nº 54 "A música na emigración en Cuba- Parte II" - TVG
Alalá TVG Alalá TVG
11.2K subscribers
6,723 views
121

 Published On Jul 14, 2015

ALALA nº 53 - "A música na emigración en Cuba- Parte I"
Data de emisión TVG: 05/06/2007

Alalá cruza o Atlántico, con destino A Habana para comprobar a prolífica actividade que a colonia de galegos de Cuba desenvolveu na Illa. Durante o derradeiro terzo do século foi o principal destino dos emigrantes que partían dos portos galegos. Alalá aproveita a viaxe para celebrar todo un acontecemento: o vinte de decembro deste ano Dous Mil sete cúmprense cen anos da primeira representación do Himno Galego na Habana.

A grande colectividade de galegos, na década do 1870 comenza a organizarse formalmente e van xurdindo centros e asociacións que teñen carácter benéfico, recreativo e cultural. Neste primeiro programa de Alalá en Cuba estaremos no Centro Gallego da Habana.

Tamén falaremos do espírito creador dos galegos de Cuba e cómo a Habana se convertiu, en certa maneira, na capital cultural de Galicia. Aquí naceron ou se lle deron forma a elementos tan importantes como: a Bandeira galega, o Escudo, a edición de Follas Novas de Rosalía de Castro e o Himno Galego entre outras moitas cousas.

A pervivencia da nosa tradición musical está presente noutros centros galegos como é o caso da Sociedade Rosalía de Castro. Aquí galegos, descendentes e nativos cubanos móvense ¡que hai que velo para crelo!.

Os comezos dos galegos en Cuba non sempre foron doados, para moitos, cos primeiros traballos deixaron algo mais que suor e esforzo, algúns deixaron ata a pel. O que non dubidaron foi en relacionarse cos negros, foron os menos racistas e os que mellor se integraron. De aí, un dito que nos contaron: o mulato é un dos inventos do galego en Cuba.

Alalá segue en Cuba, nesta ocasión para falar das historias dos últimos galegos nativos que quedan alá, como foi a súa vida, ¿acadaron realmente o sono americano?, ¿fixeron fortuna? ¿Cómo viviron?

show more

Share/Embed